Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno convoca as autonomías o 2 de outubro para tratar o novo plan de vivenda

O Goberno convoca as autonomías o 2 de outubro para tratar o novo plan de vivenda

A iniciativa prevé un investimento de 7.000 millóns de euros e busca aprobarse antes de fin de ano

Na reunión tamén se abordará o Bono Alugueiro Xove de 2025 e a xestión do Plan de Recuperación

A Xunta acusa o Goberno de impoñer o Plan Estatal de Vivenda sen acordo coas autonomías

A ministra de vivenda na reunión sectorial do 2024 A ministra de vivenda na reunión sectorial do 2024
G24.gal 25/09/2025 18:54 Última actualización 25/09/2025 19:49

O Ministerio de Vivenda convocou unha Conferencia Sectorial coas comunidades autónomas para o vindeiro 2 de outubro co obxectivo de abordar o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, presentado a pasada semana.

A convocatoria chega despois da comisión multilateral de Vivenda e Solo celebrada este xoves, en que o secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, reiterou a disposición do Goberno a acordar este proxecto coas autonomías.

Lucas subliñou que o ministerio está aberto a incorporar novas achegas das comunidades, xa sexa a través do proceso de audiencia aberta ou mediante reunións bilaterais.

O plan estatal prevé un investimento de 7.000 millóns de euros e, segundo a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, aprobarase antes de que acabe o ano.

A ministra incidiu en que o diálogo e a cooperación entre as distintas administracións competentes son fundamentais para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna e adecuada.

Ademais, durante a reunión tamén se tratará a tramitación do Bono Alugueiro Xove correspondente a 2025, consignado nos orzamentos xerais do Estado en vigor, así como a xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A Xunta acusa o Goberno de impoñer o Plan Estatal de Vivenda sen acordo coas autonomías

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas lamenta a que considera unha “actitude impositiva” do Executivo central e reproba que levara á comisión multilateral o Plan Estatal de Vivenda 2026–2030 cando xa está en información pública. O departamento asegura que non tiña coñecemento previo do documento e lembra que Galicia enviou en decembro de 2024 unha batería de propostas que, segundo afirma, o Ministerio non tivo en conta.

O Goberno galego defende que as comunidades deben participar no deseño dun plan que lles corresponde xestionar, dado que a materia de vivenda é competencia autonómica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade