Cargando resultados...
A compra de vivendas sobe un 13,7 % e acada a cifra máis alta desde 2007
Con esta nova suba, estas transaccións encadean trece meses á alza, segundo o INE

G24.gal
25/09/2025 09:14
A compravenda de vivendas moderou a súa subida en xullo ao 13,7 % e contabilizou 64.730 operacións, a cifra máis alta que se rexistra para este mes desde que arrincou a serie histórica desta estatística, en 2007, en pleno boom do sector inmobiliario.
Se se compara con xuño, as transaccións de vivenda subiron un 9,7 % en taxa intermensual, nun contexto marcado polo abaratamento do financiamento hipotecario, segundo os datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Con esta nova subida, as compravendas de vivenda encadean trece meses á alza e acumulan un aumento do 18,8 % no ano.