Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno autoriza a licitación das obras de ampliación da estación de Ourense

O Goberno autoriza a licitación das obras de ampliación da estación de Ourense

O valor estimado da actuación é de 134,8 millóns

G24.gal 03/10/2023 16:00

O Consello de Ministros autorizou este martes o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a licitar, a través do Adif, as obras de ampliación e remodelación da estación de Ourense, cun valor estimado de 134,8 millóns de euros.

Nun comunicado, o Ministerio explica que a actuación transformará a estación de Ourense, triplicando o espazo para viaxeiros e dotándoa de 11 vías, das cales tres delas estarán destinadas á alta velocidade. A nova estación, engade, converterase "nun nodo da mobilidade sostible e intermodal no noroeste do país, para responder o incremento de tráfico asociado á liberalización e á modernización da liña de Monforte de Lemos e Lugo".

O Ministerio sinala, ademais, que "preservará e poñerá en valor" o edificio da estación e os seus elementos históricos, como son os murais do vestíbulo, e "promoverá a integración do ferrocarril na cidade e a súa permeabilidade, xerando un novo espazo urbano para os cidadáns".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade