Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes limitar ao 35 % a publicidade institucional nos medios

O Goberno aproba este martes limitar ao 35 % a publicidade institucional nos medios

A medida inclúese no anteproxecto de Lei de Publicidade do Sector Público, unha das 31 reformas expostas polo Plan de Acción pola Democracia impulsado en setembro de 2024 polo Goberno

Con esta nova lexislación o Executivo pretende que se coñeza canto diñeiro invisten en publicidade tanto a Administración Xeral do Estado como as comunidades autónomas e os concellos

Moncloa-Arquivo Moncloa-Arquivo
G24.gal 23/02/2026 10:30

O Consello de Ministros aprobará na súa reunión deste martes limitar ao 35 % a publicidade institucional nos medios de comunicación, confirmaron a EFE fontes do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública.

A medida inclúese no anteproxecto de Lei de Publicidade do Sector Público, unha das 31 reformas expostas polo Plan de Acción pola Democracia impulsado en setembro de 2024 polo Goberno.

Con esta nova lexislación o Executivo pretende que se coñeza canto diñeiro invisten en publicidade tanto a administración xeral do Estado como as comunidades autónomas e os concellos.

Deste xeito quérese adaptar o ordenamento xurídico nacional ao a lei europea de Liberdade dos Medio de Comunicación, que entrou en vigor desde o pasado 8 de agosto e que é directamente aplicable nos 27 estados membros da Unión Europea.

Entre outros aspectos, a normativa europea obriga a divulgar quen posúe os medios de comunicación e as fontes de financiamento público ou de publicidade institucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade