Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes a reforma que deixará as instrucións penais en mans dos fiscais

O Goberno aproba este martes a reforma que deixará as instrucións penais en mans dos fiscais

As investigacións penais corresponderán aos fiscais e non aos xuíces instrutores 

A reforma tamén impedirá que partidos políticos, asociacións e sindicatos poidan exercer a acusación popular 

O mandato do fiscal xeral do Estado prolongarase de catro a cinco anos para evitar que coincida coas lexislaturas 

O ministro de Xustiza defende que esta reforma ten por obxectivo modernizar o proceso penal, superando un modelo preconstitucional
G24.gal 27/10/2025 13:43

Este martes, o Consello de Ministros aproba a nova Lei de Axuizamento Criminal que chega para substituír a actual, redactada en 1882. Supón un cambio radical na instrución de casos penais. O texto que o Goberno remitirá ao Congreso para a súa tramitación parlamentaria implica que as investigacións penais xa non estarán en mans dos xuíces instrutores, senón dos fiscais, seguindo o modelo vixente na maioría dos países da Unión Europea.

A investigación será controlada por un xuíz de garantías. Rematada esta fase, un segundo maxistrado, que se denominará de audiencia preliminar, será o responsable de decidir se se abre xuízo oral. Se fose así, unha terceira instancia formada por un ou tres maxistrados xulgará os feitos. 

A reforma tamén traerá cambios na acusación popular. Serán expulsados partidos políticos, sindicatos e asociacións. Tamén se establecerá un catálogo de delitos nos que se poderá exercer esta figura, entre os que se atopan os relacionados coa corrupción, o financiamento ilegal,  os dereitos dos consumidores e a incitación ao odio e a violencia sobre a muller. 

Os cambios alcanzan o fiscal xeral do Estado. O seu mandato vaise ampliar un ano, pasará de 4 a 5 para que non coincida coas lexislaturas. O novo texto prohibe de forma expresa que o Executivo lle poida remitir calquera indicación sobre asuntos concretos. As comunicacións xerais pasarán a ser públicas e quedarán rexistradas. 

A reforma entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2028, polo que non lles afectará aos casos que están en trámite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade