Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía admite erros nas pulseiras antimaltratadores; o PP pregunta cantas mulleres afectou

A Fiscalía admite erros nas pulseiras antimaltratadores; o PP pregunta cantas mulleres afectou

Feijóo denuncia a "incompetencia" de Goberno coas pulseiras antimaltrato: "E en lugar de dar a cara, escóndese"

A ministra Redondo di que "non implicou ningunha saída nin excarceración de practicamente ningunha persoa" e Bolaños afirma que as pulseiras de agresores non deixaron de funcionar e avisaron a vítimas

Cómo funcionan as pulseiras de protección das vítimas de violencia machista?

G24.gal 19/09/2025 09:26

A Fiscalía Xeral do Estado nega que as incidencias coas pulseiras de control telemático de maltratadores deixasen desprotexidas as vítimas. Asegura que os problemas non tiveron que ver co funcionamento dos dispositivos, senón coa descarga de datos, e que os sobresementos provisionais que provocou se reabriron unha vez solucionado o problema.

A Unidade de Violencia sobre a muller da Fiscalía Xeral do Estado falaba na memoria do 2024 de múltiples fallos. Agora precisa: foron problemas puntuais pola migración de datos que afectaban a procesos penais. 

A ministra de Igualdade, Ana Redondo, insistiu en que as pulseiras telemáticas "nunca deixaron de funcionar" e que o erro se circunscribe ao acceso de datos nun "período moi determinado" que "non implicou ningunha saída nin excarceración de practicamente ningunha persoa".

"Xerouse unha alarma que nada ten que ver co funcionamento das pulseiras. Funcionan, que estean tranquilas. Están protexidas a salvo. As pulseiras funcionaron en todo momento e funcionan correctamente", reiterou. 

 

Na mesma liña manifestábase este venres o ministro de Presidencia e Xustiza, Félix Bolaños. Asegurou que as incidencias rexistradas o ano pasado na descarga de datos das pulseiras de control telemático de maltratadores "en ningún momento" provocaron que os dispositivos deixasen de funcionar e seguiron enviando mensaxes ás vítimas.

O PP pedirá a reprobación da ministra de Igualdade pola súa "neglixente" xestión

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, denunciou este venres, a "incompetencia" e mesmo "mala fe" do Goberno de Pedro Sánchez tras os fallos nas pulseiras antimaltrato e subliñou que no canto de dar "a cara", "escóndese".

Feijóo achacou o ocorrido a que o Executivo de Pedro Sánchez "xa só ten a cabeza nos xulgados e nos cárceres e acabou por non darse conta de que librou delas a depredadores sexuais".

"Tan absorbidos en defenderse a si mesmo que xa non defenden nin ao que máis o necesita", aseverou Feijóo, que recalcou que os fallos nas pulseiras antimaltrato é "unha neglixencia de enorme gravidade".

 

O Partido Popular rexistrou unha moción para pedir a reprobación no Congreso da ministra de Igualdade, Ana Redondo, polas incidencias que tiveron as pulseiras telemáticas dos maltratadores tras un cambio na contrata.

No primeiro punto da moción pídese a reprobación da ministra pola súa "neglixente" xestión á fronte do ministerio e tamén se esixe ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o cesamento inmediato de Redondo polos "graves fallos" no sistema Cometa, encargado das pulseiras antimaltrato.

Nunha entrevista en Telecinco, a portavoz do PP no Congreso, Ester Muñoz, explicou este venres que a moción se vai debater a próxima semana, no pleno do mércores, momento en que esperan que os grupos parlamentarios se posicionen sobre algo que é "un absoluto desastre que ten que ter consecuencias".

"A neglixencia do ministerio foi absoluta porque non só é que haxa un fallo, que pode entenderse, é que sabéndoo non o arranxaran. É unha neglixencia absoluta por parte do Ministerio de Igualdade", afirmou Muñoz.

Fontes do partido liderado por Alberto Núñez Feijóo informaron nun comunicado este venres que o vicesecretario de Educación e Igualdade do PP, Jaime de los Santos, chamou esta mañá á ministra Redondo para que lle concrete o número de mulleres que quedaron desprotexidas polo fallo nas pulseiras.

Parécelle  incrible que á ministra Redondo 47 casos lle parezan poucos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade