Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno apoiará a rehabilitación dun edificio da Casa Museo Rosalía de Castro

O Goberno apoiará a rehabilitación dun edificio da Casa Museo Rosalía de Castro

O ministro de Cultura, que visitou o complexo, dixo que é o primeiro paso dunha "colaboración estable" para recoñecer unha "figura clave da cultura galega e española"

G24.gal 17/07/2025 21:01 Última actualización 17/07/2025 21:14

O Goberno apoiará a rehabilitación dun edificio do complexo da Casa Museo Rosalía de Castro. Anunciouno o ministro de Cultura como o primeiro paso dunha "colaboración estable" coa fundación que xestiona o legado da escritora. Na visita á Casa Museo, Urtasun destacou que este apoio responde ao compromiso do Goberno co recoñecemento dunha das "figuras claves da cultura galega e española", dixo o ministro, como é Rosalía de Castro.

"A nosa vontade é apostar por esta institución e apostar pola memoria de Rosalía de Castro, por iso, iniciamos, a partir desta visita, unha colaboración que agardamos se manteña no tempo. Imos empezar este ano cun pequeno apoio económico por parte do ministerio para estudar o proxecto de rehabilitación da casa", dixo Ernest Urtasun, ministro de Cultura.

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, cualificou de "histórica" esta primeira pedra que supón a visita do ministro de Cultura e o apoio do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade