Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gasto en lotería de Nadal en Galicia subirá este ano ata os 71,6 euros por persoa

O gasto en lotería de Nadal en Galicia subirá este ano ata os 71,6 euros por persoa

Supersticións, soños ou simple azar guían as preferencias da xente que proba sorte

G24.gal 07/12/2022 14:28

As vendas da lotaría de Nadal en Galicia medran este ano, e a Organización de Loterías e Apostas do Estado prevé que o gasto medio por persoa en Galicia chegue aos 71,6 euros, catro máis do que destinamos o ano pasado a este tradicional xogo de azar que abre o período festivo.

E é que a suba de prezos xeneralizada ten excepcións, e a lotería é unha delas. Os billetes do Gordo, este ano, manteñen o prezo, aínda que o presidente da entidade organizadora xa avanzou que podería ser o último en que un décimo se poida mercar por 20 euros. 

Por iso ou por outros motivos, o certo é que o ritmo de vendas está sendo moi alto, a falta de 15 días para a celebración do sorteo. 

En canto aos números, hai para todos os gustos. Hai xente supersticiosa, hai quen soña cun número e vén expresamente buscalo, pero o que máis abonda son aqueles que elixen o que saia, que para iso estamos falando dun xogo de azar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar