Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Marcos Alvar, á fronte do proxecto da UE na Ameripol

O galego Marcos Alvar, á fronte do proxecto da UE na Ameripol

Leva once anos en Bogotá, Colombia, coordinando a posta en práctica do intercambio de información coas policías de América

Ameripol escolle Santiago para constituírse como organización policial internacional

Marcos Alvar, xefe do proxecto da UE na Ameripol, este luns en declaracións a TVG
G24.gal 06/06/2022 14:14

As policías de América traballan na consolidación xurídica de Ameripol ao nivel de Interpol e Europol co  policía galego Marcos Alvar entre os que lideran esa tarefa.

Este inspector de policía, hoxe en Santiago, leva desde 2011 en Bogotá á fronte do proxecto da Unión Europea en Ameripol, que ten no intercambio de información a clave na persecución do crime organizado como o relacionado co tráfico de drogas.

"A loita contra o narcotráfico establécese tamén desde Ameripol. De feito, hai moitas sentenzas do Supremo como canalizador de información a través de Ameripol. E diríalles que un dos obxectivos de Ameripol é a loita contra o narcotráfico", di Marcos Alvar, inspector xefe do CPN e xefe do proxecto da UE na Ameripol.

Neste encontro que trata de fortalecer a cooperación policial contra a acción das bandas criminais internacionais participan representantes de países que son a orixe da cocaína que entra en Europa por Galicia, ademais do que é sede de Ameripol.

"Estamos radicados na orixe, é dicir; en Colombia. Pero non podemos esquecer que tamén hai produtores de cocaína como son Bolivia e O Perú que tamén están hoxe aquí e temos un camiño de non retorno, precisamente, no intercambio de información en tempo real, co cal quen teñen que estar moi preocupadas son as organizacións delituosas", di Alvar.

Nese intercambio de información coas de América Latina participan os corpos e forzas policiais españolas, como a unidade do Greco Galicia pertencente á Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade