Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Ameripol escolle Santiago para constituírse como organización policial internacional

A Ameripol escolle Santiago para constituírse como organización policial internacional

A Interpol e a Europol van contar cun novo aliado na persecución do terrorismo, do comercio ilícito e da ciberdelincuencia

Ameripol abrangue trinta corpos de policía e nace coa vontade de cooperar coa UE

O galego Marcos Alvar, á fronte do proxecto da UE na Ameripol

G24.gal 06/06/2022 13:31

A Ameripol comezou a xestarse en 2018, aínda que hoxe é cando se institucionaliza e se consolida xuridicamente, e faino en Santiago de Compostela. Hoxe son xa once países, entres eles A Arxentina, O Brasil, O Perú ou Colombia.

Os seus máximos representantes en seguridade nacional estarán ata o mércores en Santiago para redactar o tratado constitutivo da institución, que conta con financiamento da Unión Europea.

 "Este apoio político vainos facer camiñar con máis decisión", declarou Andrés Severino, presidente de Ameripol.

"Para combater ese delito trasnacional que nos magoa e nos fai multiplicar o esforzo. Sigo crendo que o lavado de cartos crúzaos todos. Debemos ser conscientes e potentes á hora de dar batalla", engadiu Aníbal Fernández, ministro de Seguridade da Arxentina.

A operación Temple, a operación América, ou a operación Frontera son algúns dos operativos nos que a coordinación do Corpo Nacional de Policía coa incipiente Ameripol deron xa os seus froitos.

O presidente de organización policial americana condecoraba hoxe o ministro Grande-Marlaska en Compostela para agradecer a colaboración da policía española, dende os primeiros vimbios da Ameripol en 2007 ata a súa concreción, 11 anos despois, no Tratado de Bos Aires.  

"Falar no século XXI de criminalidade é falar de ciberespazo, de cibercrime e ciberseguridade, e tamén da globalización do delito, e polo tanto da necesidade máis ca nunca de cooperación internacional", dixo o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Na persecución do narcotráfico, o tráfico de persoas, contrabando de armas ou os ciberdelitos a Europol e a Interpol teñen un novo aliado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade