Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Lauti devolve o Andorra ao fútbol profesional

O galego Lauti devolve o Andorra ao fútbol profesional

O xogador de Portonovo completou unha gran temporada marcando o gol do ascenso no campo da Ponferradina (0-1)

G24.gal 22/06/2025 11:36

Lautaro de León, formado no Portonovo e no Celta, marcou o gol decisivo que devolve ao Andorra ao fútbol profesional. Un ano despois do seu descenso da Segunda División o equipo presidido por Gerard Piqué conseguiu volver do xeito máis complicado. Empatara no partido de ida (1-1) e á Ponferradina, dirixida polo galego Javi Rey, valíalle o empate na volta.

Pero un penalti forzado por Lauti deu orixe ao único tanto do partido. O dianteiro do Salnés fallou o lanzamento pero colleu o seu propio rexeite e marcou o gol do triunfo. A Ponferradina buscou á desesperada un empate que non chegou e o público do Toralín acabou afundido ao estragaren unha gran oportunidade de xogar en Segunda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade