Cargando resultados...
O galego Braulio Vázquez considera "unha broma" a exclusión europea do Osasuna
O director deportivo do club navarro falou logo da confirmación por parte de Apelación da sanción polo amaño de partidos de hai unha década
G24.gal
04/07/2023 21:17
O Comité de Apelación da UEFA confirmou que o equipo navarro queda fóra da Conference League a vindeira temporada, malia conseguir a sétima posición da Liga. O seu director deportivo, o galego Braulio Vázquez, foi moi crítico cunha medida que ve totalmente inxusta e contra a que Osasuna vai recorrer ante o Tribunal de Arbitraxe Deportiva.