Publicador de contidos
Publicador de contidos

Budimir falla un penalti no último minuto do xeito máis estraño

Budimir falla un penalti no último minuto do xeito máis estraño

O xogador do Osasuna fixo un lanzamento no minuto 97 que case non chega nin á portería

Con posterioridade, foi ao hospital, onde lle diagnosticaron tres fracturas costais

G24.gal 16/04/2024 07:32

Será unha das xogadas da xornada, ou da temporada. O lanzamento de penalti de Ante Budimir no último minuto do Osasuna - Valencia (0-1). Un dos mellores executores que hai na Liga dubidou no último intre, e o seu lanzamento case non chega nin á portería. Foi a botes parar á man de Mamardashvili. 

Unha explicación que soubemos despois do partido foi a lesión con que Budimir lanzou o penalti. O dianteiro tivo que ir a un centro hospitalario, onde lle diagnosticaron un traumatismo torácico con tres fracturas costais na parte dereita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Noticias relacionadas
Osasuna 0-1 Valencia
Pódeche interesar
Publicador de contidos