A pegada de Rodrygo dálle ao Real Madrid a súa 20ª Copa do Rei
A pegada de Rodrygo dálle ao Real Madrid a súa 20ª Copa do Rei
O brasileiro anotou os dous goles do equipo branco logo de senllas internadas de Vinicius
Osasuna foi quen de igular o marcador por medio de Lucas Torró, pero non puido culminar a remontada
O Real Madrid proclamouse campión de Copa na Cartuja. Foi logo dunha final moi disputada contra Osasuna, que resolveu grazas ao acerto goleador de Rodrygo.
So ían disputados dous minutos de partido, cando o Real Madrid foi quen de furar as redes de Sergio Herrera. Foi nunha acción pola esquerda de Vinicius, que asistiu ao punto de penalti e alí apareceu Rodrygo para marcar o 1-0.
⚽️ ¡¡¡GOOOOL DEL REAL MADRID!!! ¡¡¡GOL DE RODRYGO!!!
— RFEF (@rfef) May 6, 2023
Jugadón por la banda de @vinijr cuyo remate anota @RodrygoGoes en el segundo palo.
⚪️@realmadrid 🆚 @Osasuna 🔴 | 1-0 | 2’ #CopaDelRey | #LaCopaMola🏆 pic.twitter.com/10gxKb9ZOy
O Real Madrid atopouse cómodo co marcador a favor, e dispuxo de varias ocasións claras para ampliar a renda durante a primeira metade. Benzema probou os reflexos de Sergio Herrera, que respostou cunha gran parada. Despois, Alaba topou coa escadra cun lanzamento de falta espectacular. E Vinicius buscou o mesmo ángulo cun remate que saiu desviado.
Osasuna tamén tivo as súas opcións de empatar durante esa primeira parte. Lucas Torró rematou unha falta preto do pau, e Abde quedou no man a man con Courtois, pero o seu remate sacouno baixo paus Carvajal.
A segunda metade comezou cun guión similar, co Osasuna á busca da igualada e o Real Madrid presentándose como un lóstrego polas bandas á contra. Pero, aos poucos, o equipo de Ancelotti foise relaxando polo resultado, e os navarros arpoveitárono. Dunha incursión de Abde pola esquerda saíu un centro que petou en Carvajal. E o balón caeulle a Lucas Torró que o aloxou no fondo da rede cun remate raso e moi axustado.
⚽️ ¡¡¡GOOOOL DE OSASUNA!!! ¡¡¡EMPATA TORRÓ!!!
— RFEF (@rfef) May 6, 2023
¡¡Menudo chutazo desde fuera del área!! @LucasTorro le pega con alma desde la frontal para igualar la final.
⚪️@realmadrid 🆚 @Osasuna 🔴 | 1-1 | 58’ #CopaDelRey | #LaCopaMola🏆 pic.twitter.com/AWVRaUYy9q
Con media hora por diante, o Real Madrid volveu coller a posesión, e axiña tivo Valverde un remate claro dentro da área que saíu trabado. E, no minuto 70, outra xogada de Vinicius pola esquerda topaba na defensa logo do centro, Kroos remataba e un novo rexeitamento deixáballe o balón a Rodrygo no segundo pao, para que o brasileiro marcase o seu segundo tanto da noite.
⚽️ ¡¡¡GOOOOL DEL REAL MADRID!!! ¡¡¡DE NUEVO @RodrygoGoes!!!
— RFEF (@rfef) May 6, 2023
El extremo brasileño recoge un rechace en el área para marcar con un preciso disparo cruzado que evita al guardameta osasunista.
⚪️@realmadrid 🆚 @Osasuna 🔴 | 2-1 | 70’ #CopaDelRey | #LaCopaMola🏆 pic.twitter.com/ArrKYuuAMr
Coa vantaxe no marcador, o Real Madrid atopouse máis cómodo, e seguiu pisando a área navarra con perigo, pero non foi quen de pechar o partido, e Osasuna buscou o empate con máis corazón que acerto nos minutos finais. O 2-1 coroou campión ao Real Madrid nove anos despois, tamén con Ancelotti no banco.