Publicador de contidos

Publicador de contidos

O furacán Ian provoca 45 falecementos ao seu paso pola Florida

O furacán Ian provoca 45 falecementos ao seu paso pola Florida

Tamén deixa máis de dous millóns e medio de persoas evacuadas

G24.gal 01/10/2022 20:23 Última actualización 01/10/2022 20:42

Despois de deixar tres mortos en Cuba e 45 na Florida, datos absolutamente provisionais, o furacán Ian, agora de categoría 1, está xa en Carolina do Norte, onde prognostican que se esvaecerá na madrugada do domingo.

Hai vilas e portos enteiros borrados do mapa e máis de dous millóns e medio de persoas da costa occidental evacuadas. Jon Biden define a Ian como un dos furacáns máis destrutivos da historia da nación.

Dous días atrás, cando impactou na costa suroeste da Florida como un gran furacán de categoría 4, devastou todas as comunidades costeiras ao seu paso. É o caso da vila de Fort Myers.

Dous millóns e medio de persoas tiveron que ser evacuadas dos seus fogares e a cifra de falecementos chega a 45. Terán que pasar moitos días para ter un reconto oficial e seguro das vítimas.

Furacán demoledor

Unha muller que axuda a rescatar persoas fala de que Ian "foi demoledor", que os cristais están rotos, as paredes destruídas e todos os teitos no chan. "De tolos", di. 

Na Florida os ventos chegaron aos 240 quilómetros por hora. Agora algo debilitado, sopra a 120. Porén, o furacán segue levando con el chuvias intensas e marusías ciclónicas.

Ás casas asolagadas ou arrastradas enteiras ao mar súmase que hai case dous millóns de persoas sen electricidade. 

O presidente Joe Biden promete o apoio federal para os estados afectados nunha devastación que probablemente estea entre as peores na historia da nación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade