Cargando resultados...
O furacán Ian provoca 15 falecementos ao seu paso pola Florida
Declarado o estado de emerxencia en Carolina do Norte e do Sur
G24.gal
01/10/2022 18:31
Última actualización 01/10/2022 20:43
Despois do caos que sementou o furacán Ian ao seu paso pola Florida, os Estados Unidos declaran o estado de emerxencia en Carolina do Norte e do Sur.
Na Florida os ventos de ata 240 quilómetros por hora deixan quince persoas mortas. É unha cifra provisional.
Hai máis de dous millóns e medio de persoas que seguen sen electricidade. Autoridades na materia xa din que se trata do furacán máis devastador da historia deste estado.