Cargando resultados...
O Fortuna perde o adiado en Tarragona (2-1)
O Fortuna perde o adiado en Tarragona (2-1)
Fer López marcou un gran gol, pero non valeu para sumar puntos
G24.gal
27/11/2024 21:13
O Celta Fortuna recuperou o partido adiado nou seu día no campo do Ximnástico de Tarragona. O filial vigués non puido sacar nada positivo e perdeu por 2-1.
Todos os goles chegaron no primeiro tempo. Comezou adiantándose o conxunto local con un de Álex Jiménez. Quedaban cinco minutos para chegar ao descanso, cando Fer López anotou un gran gol. Pouco lle durou a alegría ao Fortuna que recibiu o segundo no 44, de David Concha. O marcador non se moveu no segundo tempo, e o equipo de Fredi Álvarez perdeu unha boa ocasión para achegarse aos postos de cabeza.