Publicador de contidos

Publicador de contidos

O fiscal antidroga de Pontevedra pide modernizar os procedementos xudiciais

O fiscal antidroga de Pontevedra pide modernizar os procedementos xudiciais

Pablo Varela explica que as organizacións criminais están moi atomizadas, o que dificulta a investigación policial

G24.gal 01/03/2023 09:40 Última actualización 01/03/2023 10:10

O fiscal antidroga de Pontevedra considera que é preciso modernizar os procedementos xudiciais para loitar contra o narcotráfico.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Pablo Varela explicaba que o tráfico de drogas está consolidado en Galicia, ligado á maior demanda de estupefacientes en Europa, e apuntaba que hoxe as organizacións criminais están "máis atomizadas", o que dificulta o traballo policial.

Na súa opinión, é preciso dotar de máis medios á loita contra o narcotráfico, pero tamén mellorar os procedementos xudiciais "para alcanzar non só a estrutura operativa do narcotráfico, senón as ganancias acumuladas. Fan falta máis medios e novos procedementos de investigación para poder ser máis áxiles".

Varela sinalaba que en Galicia se fabrican narcolanchas non só para o tráfico de drogas na rexión, senón tamén para as organizacións que operan en zonas como o Estreito de Xibraltar.

Ademais, amosou a súa preocupación porque a sociedade acabe insensibilizada ante o problema da droga debido ao elevado número de informacións sobre incautacións e operacións policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade