Publicador de contidos
Publicador de contidos

O filme 'O corno', da galega Jaione Camborda, opta á Concha de Ouro en San Sebastián

O filme 'O corno', da galega Jaione Camborda, opta á Concha de Ouro en San Sebastián

A película, participada pola Televisión de Galicia, conta a historia dunha parteira rural que ten que fuxir a Portugal nos anos 70

G24.gal 14/07/2023 16:19

Gran noticia para o cine galego: o filme 'O corno', de Jaione Camborda, competirá pola Concha de Ouro en San Sebastián. 

A película, segunda desta directora galega, conta a historia dunha parteira da Galicia rural que ten que fuxir a Portugal nos anos 70.

Esta será a segunda longametraxe da directora Jaione Camborda nada en San Sebastián en 1983 pero asentada en Galicia desde hai anos. 

Camborda é un dos nomes que soa dentro do coñecido como Novo Cinema Galego.

A súa ópera prima foi 'Arima'.  

O Festival de San Sebastián anunciou o cinema español que formará parte da próxima edición entre o 22 e o 30 de setembro, que contará con títulos de directores como Isabel Coixet, Javier Ambrossi e Javier Calvo ou Fernando Trueba, ademais dunha serie que xira sobre a figura do cantante C. Tangana.

Son catorce títulos de produción española (nove longametraxes, unha mediometraxe, unha curta e tres series de televisión) que poderán verse na Sección Oficial e nas seccións New Directors, Horizontes Latinos, Zabaltegi-Tabakalera e Velódromo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade