Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Festival Imaxinaria promociona a animación audiovisual na Coruña

O Festival Imaxinaria promociona a animación audiovisual na Coruña

O realizador Michaël Dudok de Wit, un dos grandes referentes mundiais, ofreceu unha clase maxistral

G24.gal 13/05/2023 20:54 Última actualización 13/05/2023 21:06

A sede de Afundación da Coruña acolle a primeira edición do Festival Internacional de Animación Imaxinaria, un proxecto que nace coa premisa de promover a animación audiovisual menos coñecida e de funcionar como punto de encontro para os profesionais do sector. 

Ademais das proxeccións, o certame organizou actividades paralelas poñendo o foco no público infantil e tamén charlas e clases maxistrais, como a que impartiu  Michaël Dudok de Wit, un dos grandes referentes do cine mundial de animación.

Recoñecido e premiado polas súas curtametraxes, o realizador holandés debutou nas longametraxes con A tartaruga vermella, o filme que pechou a programación da segunda xornada do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade