Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Farto prepárase para correr a Volta a España en maio

O Farto prepárase para correr a Volta a España en maio

O equipo profesional galego correrá cunha invitación

Teñen os gastos cubertos pero non un soldo

G24.gal 08/03/2023 15:52 Última actualización 08/03/2023 15:58

En España hai dez equipos profesionais de ciclismo feminino, e un deles é galego: o Farto. Compite na categoría continental, que vén sendo como a segunda división mundial.

Poden competir pero non vivir do deporte. Porque a condición de profesional nas mulleres está moi lonxe da dos homes. Teñen os gastos cubertos pero non un soldo. Unha carreira cara á igualdade social que paga a pena.

Adriana Gutiérrez: "É lento, pero chegará o momento en que teremos condicións iguais e viviremos disto".

Na expansión do pelotón feminino este ano a Volta a España constará de sete etapas, nunha data propia, a primeira semana de maio. E alí estará o club Farto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar