Publicador de contidos

Publicador de contidos

O falecido na praia de Ares era un veciño de Pontedeume que saíra pescar

O falecido na praia de Ares era un veciño de Pontedeume que saíra pescar

O corpo sen vida foi atopado por un veciño na fin de semana

Aínda non se precisaron as causas da morte

G24.gal 03/01/2022 19:30

A Garda Civil confirmou a identidade dun cadáver recuperado nunha praia de Ares e determinou que se trata dun home de Pontedeume que acudira á zona para pescar nunha embarcación de pequeno tamaño.

Fontes da investigación indicaron a Efe que o home, duns 60 anos, aparcara o seu coche no porto de Pontedeume pero non precisaron as causas da morte.

O corpo sen vida foi atopado o sábado pasadas as 18:30 horas na contorna da cala do Mourón. Foi un veciño o que descubriu o cadáver, que foi identificado tras a realización da autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade