Cargando resultados...
O Extra do 11 do 11 da ONCE deixa en Pontevedra 1 millón de euros
Está confirmado que foi venda física, pero descoñécese o agraciado ou agraciada que comprou o boleto premiado cun millón de euros
G24.gal
13/11/2025 14:30
O premio da ONCE deste martes, o coñecido como 11 do 11 da ONCE, deixou en Galicia un bo petisco. 3 millóns de euros en total. Un na Cañiza, outro en Mos e un máis en Pontevedra.
O boleto de Pontevedra vendeuno Ramón Bertolo Díaz , que leva 25 anos no seu posto do centro de Pontevedra. Descoñécese o premiado ou premiada cun millón de euros pero está confirmado que foi venda física e que o número é o 24.760.