Publicador de contidos

Publicador de contidos

O éxodo de Ucraína diminúe pero supera xa os dous millóns e medio de persoas

O éxodo de Ucraína diminúe pero supera xa os dous millóns e medio de persoas

Por primiera vez, o aumento diario de refuxiados non supera os 100.000

Polonia acolle máis da metade, 1.57 millóns

G24.gal 12/03/2022 14:16

O éxodo dos ucraínos que foxen da guerra non cesa pero nas ultimas horas semella que houbo unha diminuición momentánea. Segundo dos datos de ACNUR, é o primeira vez que non supera as 100.000 persoas nun só día.
Desque comezou a invasión,  máis de dous millóns e medio de ucraínos buscaron refuxio das bombas rusas nos países veciños,  na que xa é a maior crise de refuxiados que se viviu en Europa desde a segunda guerra mundial. As guerras na antiga Iugoslavia durante os anos 90 causaron dous millóns catrocentos mil refuxiados.

Polonia acolleu á maioría, millón e medio. Este sábado, no paso fronteirizo de Medyka, nas ringleiras de persoas que agardan para subir aos autobuses que os levarán a outros lugares de Polonia ou de Europa, os voluntarios intentan animar os cativos con xoguetes e lambetadas.

Na estación de Bucarest o cantante e compositor británico interpreta a canción que se converteu nun símbolo da resistencia dos ucraínos nas redes sociais. Romanía recibiu ao redor de 100.000 refuxiados. 235.000 fuxiron a Hungría, 185.000 a Eslovaquia, 105.000 a Rusia e outros tantos a Moldova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade