Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exministro Jordi Sevilla, contra o peche da central nuclear de Almaraz

O exministro Jordi Sevilla, contra o peche da central nuclear de Almaraz

O exministro socialista de Administracións Públicas manifestouse a favor da central estremeña durante a súa intervención no Foro A Toxa

A plataforma Alianza por Almaraz fixo pública a estratexia que van despregar para loitar pola continuidade da planta

G24.gal 04/10/2025 20:53 Última actualización 04/10/2025 21:31

Na clausura do foro A Toxa o que fora ministro de Administracións Públicas Jordi Sevilla defendeu a continuidade da central nuclear de Almaraz. O socialista manifestou o seu respaldo ás reivindicacións da plataforma cidadá Alianza por Almaraz. 

"Estaría en Almaraz porque se celebra a xornada 'Si a Almaraz' para tentar que non se peche a central nuclear. E creo que é un acto que ten moita coherencia co que estamos a discutir hoxe aquí. Porque hai un parágrafo explícito do Informe Draghi que di que non se pechen as centrais nucleares naqueles países en que existen."

O acto ao que se refería o exministro celebrouse na localidade estremeña de Navalmoral de la Mata. Máis de 80 entidades públicas e sociais integran a plataforma que rexeita o peche, previsto para finais de 2027. Aseguran que é inxusto, porque o goberno negocia a continuidade doutros reactores e suporá perder un 7% da enerxía eléctrica que se xera en España, o que deixa sen subministración catro millóns de fogares. Dende o punto de vista social, din que a central nuclear é o sustento de preto de 4.000 familias, entre empregos directos e indirectos.

Acto da plataforma cidadá Alianza por Almaraz
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade