Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euríbor modérase en outubro, pero segue en máximos dos últimos 13 anos

O euríbor modérase en outubro, pero segue en máximos dos últimos 13 anos

Quen teña que revisar a súa hipoteca cos datos deste mes verá como encarece un 40 por cento de media

EFE 31/10/2022 12:59

O euríbor a un ano, o tipo de xuro máis usado en España para calcular as hipotecas, subiu case catro décimas en outubro, ata alcanzar unha media mensual do 2,629 %, e modera o ritmo de ascenso fronte a setembro, aínda que a taxa de outubro mantense como a máis alta desde xaneiro de 2009.

Con esta subida, quen teña unha hipoteca a tipo variable de 145.000 euros (o importe medio hipotecado en agosto segundo o INE) a 25 anos cuxa revisión se realice co dato do mes de outubro verá incrementada a cota mensual un 40 % respecto ao ano pasado, uns 220 euros máis.

O euríbor leva subindo de forma ininterrompida desde xaneiro pasado, cando os analistas empezaron a dar por feito que os bancos centrais terían que modificar a súa política monetaria, retirar estímulos e subir os tipos de xuro, en mínimos desde o inicio da pandemia en marzo de 2020, para atallar a elevada inflación.

O directivo da consultora Accuracy Alberto Fernández explica que o principal motivo da alza do indicador é a expectativa entre as entidades bancarias de que a inflación vai continuar alta ata finais do primeiro trimestre do próximo ano, o que se traducirá en novos incrementos de tipos de xuro por parte do Banco Central Europeo (BCE).

A semana pasada o BCE elevou os tipos de xuro 75 puntos básicos, ata o 2 %, a terceira suba deste ano (a primeira foi en xullo) e segunda consecutiva de tres cuartos de punto, un xiro de política monetaria sen precedentes desde que se creou o eurosistema tanto pola súa contía como polo curto período de tempo no que se produciu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade