Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Ensino suma a segunda vitoria na Euro Cup (67-62)
                            G24.gal
                        
                            03/11/2021 22:04
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Ensino sumou a segunda vitoria na Euro Cup diante do Namur belga (67-62) nun partido que dominou con claridade e no que o seu rival só se achegou no treito final.
Desde o primeiro cuarto o Ensino marcou o ritmo do partido. Con xogadoras recuperadas para a rotación puido imprimir un ritmo máis alto que non conseguiu contrarrestar o Namur. 18-8 no primeiro cuarto e 39-24 ao descanso falan da superioridade lucense.
No segundo tempo o Ensino chegou a ter 18 puntos de vantaxe grazas ao acerto de Alba Prieto e Chatrice White. Todo parecía sentenciado ao final do terceiro cuarto (51-38) ou co 62-50 a minuto e medio do final. Á desesperada o Namur conseguiu recurtar diferenzas ata o +5 final pero nunca tivo opcións de gañar o partido.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        