Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino remonta e leva o derbi diante do Baxi Ferrol (68-67)

O Ensino remonta e leva o derbi diante do Baxi Ferrol (68-67)

O equipo ferrolán chegou a ir gañando por 19 no segundo cuato (21-40)

Remontou o Ensino e o partido acabou decidíndose nun cara ou cruz

G24.gal 31/03/2024 13:47

O Ensino impúxose no derbi diante do Baxi (68-67) nun partido de moitas alternativas e cun tempo para cada equipo. A primeira metade foi moi clara para o Baxi que marcou diferenzas no primeiro cuarto (8-18) e chegou a ter dezanove de marxe no segundo período (21-40). 

Ao descanso o Ensino conseguiu reducir a desvantaxe (32-43) e foi no terceiro cuarto cando conseguiu meterse de cheo grazas a un parcial de saída de 10-0. Aguantou o Baxi á fronte do marcador ata outro parcial de 8-0 que levaba o partido ao último parcial cun 52-49. 

O Ensino chegou a ter +8 (57-49) pero reaccionaron as xogadoras de Lino López para igualar (60-60) e levar o encontro a un cara ou cruz. O Baxi tivo 19 segundos para gañar o partido e dous lanzamentos para acadalo pero nin Gala Mestres nin Howard atinaron. 

O Celta Zorka Recalvi non puido co Zaragoza, logo dun partido que dominou durante os tres primeiros cuartos, pero que deixou fuxir no último cun parcial de 14 a 30. Non abondaron os 17 puntos de Musa e os 15 de Regina Aguilar. Fiebich anotou 19, para encabezar un Zaragoza que levou o triunfo de Navia por 64 a 73, deixando as galegas igualadas co Gran Canaria, que ocupa posto de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos