Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino gaña rotación pero acaba perdendo co IDK Euskotren

O Ensino gaña rotación pero acaba perdendo co IDK Euskotren

G24.gal 31/10/2021 17:13

O Durán Maquinaria Ensino mellorou no tocante á rotación pero sumou unha nova derrota na casa diante do IDK Euskotren. O equipo lucense sempre foi por debaixo no marcador e acabou caendo por 70-84. 

O primeiro cuarto xa se decantou á prol das vascas (13-19) que mantiveron a diferenza no descanso nun segundo período cheo de acerto (51-63). Ensino non chegou a ter opcións reais de remonta no segundo tempo e acabou perdendo por catorce puntos de diferenza. 

As máis destacadas do partido foron as visitantes Cornelius (21 puntos) e Cvitkovic (19). Polo Ensino a debutante en liga Ferrari (14 puntos) e Chatrice White (con 17).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade