Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino estréase no Pazo cunha vitoria sobre o Estepona (87-80)

O Ensino estréase no Pazo cunha vitoria sobre o Estepona (87-80)

Foto: @EnsinoLugoCB
G24.gal 11/10/2025 22:51

Segunda xornada na liga feminina de baloncesto e primeira vitoria do Ensino no día da súa estrea no Pazo. Impúxose por sete puntos ó Estepona: 87-80.

O primeiro cuarto foi de dominio local e o Ensino rematou seis arriba (27-21). Un moi mal segundo cuarto das luguesas (12-28) deixounas por debaixo no marcador ao descanso. 

Na segunda metade as locais déronlle a volta ao partido, que chegaba igualado ao último cuarto. Foi un último parcial en que o Ensino apertou, e logrou despegarse no marcador para acabar levando a vitoria por 87 a 80. 

O apartado anotador foi comandado por Fequiere, que meteu 21 puntos. Malia a isto, non foi a máxima anotadora do partido. Conner achegou 26. En dobres figuras estiveron outras cinco xogadoras luguesas: Giomi (16), Haidara (14), Florez Getino (12), e Garfela Béjar e Bosch con 10.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade