Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino comeza o traballo con sete fichaxes e novo adestrador

O Ensino comeza o traballo con sete fichaxes e novo adestrador

A prioridade é a permanencia, pero ao mesmo tempo competir pola zona media-alta da táboa clasificatoria

Foto Ensino Lugo Foto Ensino Lugo
G24.gal 26/08/2025 11:39 Última actualización 26/08/2025 11:45

O equipo lucense regresou ao traballo con sete novidades e con novo técnico: Suso Garrido. As lucenses encaran a tempada con ilusións renovadas e cun proxecto que pasa por consolidarse na elite do baloncesto feminino español.

A prioridade é a permanencia, pero ao mesmo tempo competir pola zona media-alta da táboa clasificatoria. O club acometeu este verán sete fichaxes, que foron as seguintes: Aless Orsili, Iamni Tate, Alicia Flórez, Zoe Hernández, Nhug Bosch, Maimouna Haidara e Hennie Van Schaik.

Da pasada tempada continúan Elba Garfella, Lydia Giomi, Noa López e Jessica Fequiere. Todas conforman un equipo con talento, que combina mocidade e experiencia, dous factores que poden ser determinantes á hora de acometer unha tempada exitosa. As lucenses comezarán a competición ligueira o 4 de outubro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos