Cargando resultados...
O Ensino afúndese no último cuarto cun parcial de 5-27
No descanso dominaba o partido con claridade por 45-37
G24.gal
08/01/2023 14:29
O Durán Maquinaria Ensino recibía no Pazo o Cadí La Seu.
O partido tivo dúas partes moi diferenciadas. Na primeira, o dominio foi galego grazas ao bo facer de Alba Prieto e Paula Ginzo en ataque. No descanso o resultado era de 45-37 para o equipo galego.
A decoración mudou no terceiro cuarto, en que as locais recibiron un parcial de 3-14 que lle daba vantaxe ao Cadí (48-51). O Ensino minimizou danos e entrou por diante no último período (57-54), pero nese derradeiro parcial veu o desastre. Watts e Jubany machacaron o aro local, que non atopou o xeito de anotar na canastra visitante. O parcial (5-27) fala ás claras dun nefasto último cuarto no que se esvaeceron as opcións de triunfo.