Publicador de contidos

Publicador de contidos

O encontro Empresarios Galegos no Mundo trazou os retos de futuro para as empresas do país

O encontro Empresarios Galegos no Mundo trazou os retos de futuro para as empresas do país

G24.gal 28/07/2022 18:42

Case un 60 por cento das pemes galegas que exportan desde Galicia son empresas familiares.

A súa presenza no exterior é cada vez máis importante e xa chega a 147 países. Durante o encontro internacional do sector, na Illa da Toxa, analizaron os principais retos de futuro, que pasan por que o investimento reverta na comunidade.

Identificaron os principais atrancos que atopan nos seus procesos de internacionalización no que se refire a tributación e financiamento. Ademais confían en que os fondos Next Generation contribúan a impulsar o crecemento empresarial.

Máis de 6.000 empresas galegas levan a marca de Galicia por todo o mundo. Crecen o sector servizos, a tecnoloxía e a moda.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade