Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado remata no segundo posto en Francia só superado por Seewer

Jorge Prado remata no segundo posto en Francia só superado por Seewer

O lucense foi o líder nas dúas mangas grazas a dúas grandes saídas, pero o suízo chegou con máis forza ao treito final

Grande actuación de Rubén Fernández cun quinto posto

G24.gal 05/06/2022 14:53 Última actualización 05/06/2022 18:06

Segundo posto para Jorge Prado no Grande Premio de Francia, só superado por un Seewer que demostrou moito máis poderío físico que o galego no treito final da primeira e segunda mangas. A lesión de Prado semella que vai quedando no esquecemento. Tamén foi unha boa xornada para Rubén Fernández, que acabou no quinto posto.

Grande inicio de primeira manga de Prado. Foi o máis rápido na volta inicial (outro holeshot para el) e mantívose á fronte ata que quedaba unha volta e media para o remate. Por detrás Jeremy Seewer observaba todos os movementos de Prado e asestou o golpe final para facerse co triunfo parcial. 

Gajser e Renaux, os dous primeiros do Mundial, comezaron con problemas. Gajser comezou unha gran remontada e acabou na quinta posición, por diante de Rubén Fernández que foi o sétimo clasificado. 

As mellores imaxes que nos deixou a primeira carreira

Na segunda carreira volveu a marcar o holeshot, pero non aguantou tantas voltas á fronte. Coldenhoff e Seewer adiantárono mediada a proba e tivo que medirse nun man a man con Gajser nas últimas voltas. Prado conseguiu aguantar ao líder do Mundial e rabuñar algún punto na clasificación. 

Rubén Fernández asentouse na quinta posición nesta segunda manga para rematar no quinto posto xeral e demostrar que está só un paso por detrás dos grandes dominadores da especialidade.

Na segunda manga impúxose Coldenhoff
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos