Publicador de contidos
Publicador de contidos

O domingo ábrese a temporada de pesca fluvial

O domingo ábrese a temporada de pesca fluvial

Os ríos presentan caudais axeitados polas chuvias dos últimos días

G24.gal 14/03/2022 20:17

O domingo comeza a temporada de pesca e os afeccionados xa andan ilusionados. A seca deste inverno fíxolles temer polos leitos, pero coas últimas chuvias a situación mellorou bastante, e as perspectivas son boas.

"Ante tanta calamidade, isto é un motivo de esperanza e de alegría. Hoxe escoitaba cantar o cuco pola mañá e dáche unha satisfacción interna. A pesca tamén é un motivo de ilusión", di Alfonso Carballeda, presidente da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro.

A previsión é de máis chuvias estes días, así que as perspectivas de caudal son tamén boas. A seca preocupante deste inverno non tivo especial incidencia para a pesca aquí no río Arenteiro, máis ben ao contrario: a época do caudal máis baixo coincidiu coa posta das troitas e favoreceu a eclosión dos animais. Agora, coa chuvia dos últimos días, o caudal está practicamente recuperado.

A temporada de pesca fluvial esténdese ata finais de xullo, pero, no caso da troita, hai coutos autorizados ata o 30 de setembro para pesca sen morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade