Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dobre reto paralímpico de Adi Iglesias nos 100 e 400 metros

O dobre reto paralímpico de Adi Iglesias nos 100 e 400 metros

A atleta lucense quere repetir o ouro de Tokyo na proba do hectómetro e intenta mellorar a prata dos 400

G24.gal 13/03/2024 21:46

Recuberta da pasta especial que caracteriza os velocistas puros, Adiaratou Iglesias afronta os próximos Xogos Paralímpicos. París e as probas de 400 e 100 metros lisos están á volta da esquina. Adi ten claros os seus obxectivos.

Adi volveu de Tokyo cun ouro nos cen metros lisos e unha prata en 400. Aquela foi a súa primeira experiencia paralímpica. A atleta lucense non compite oficialmente dende o Mundial, celebrado en París en xullo do ano pasado, onde se proclamou subcampioa en cen metros e campioa do mundo en 200 coa mellor marca da temporada, 24,86.

As sensacións neste momento son boas. Nada motiva máis ca uns xogos. París 2024 é o destino soñado. Adi traballa duro para seguir rompendo rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos