Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adi Iglesias non é quen de reter o ouro paralímpico na proba dos 100 metros

Adi Iglesias non é quen de reter o ouro paralímpico na proba dos 100 metros

A lucense acabou no quinto posto a case un segundo de Valiyeva que bateu a mellor marca mundial

G24.gal 03/09/2024 20:38

Na final máis rápida de todos os tempos, Adi Iglesias Forneiro non conseguiu reter o ouro olímpico acadado hai tres anos en Toquio. A cita de París amosou o gran nivel polo que pasa a disciplina paralímpica e a azerbaixana Lamiya Valiyeba tivo que asinar o récord do mundo para poder gañar o ouro. 

Valiyeba, vixente campioa do mundo, marcou un tempo de 11.76, por diante da brasileira Rayane Soares e da irlandesa Orla Comerford. En quinta posición chegou Adiaratou Iglesias, cun rexistro de 12.51. Agora tocaralle centrarse nos 400 metros, proba na que tamén sacou medalla en Toquio, desta volta a de prata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar