Publicador de contidos

Publicador de contidos

O diésel, máis caro ca a gasolina

O diésel, máis caro ca a gasolina

Cambio inédito no prezo dos carburantes

A diferenza é de ata seis céntimos por litro

G24.gal 25/03/2022 14:38

Dende hai meses que a suba do prezo dos carburantes leva a moitos a non querer nin mirar para a factura. Pero os que si se fixan levan nas últimas horas unha sorpresa. Agora o diésel é máis caro que a gasolina. Este cambio inédito, cunha diferenza de ata seis céntimos por litro, non agrada os máis dun millón de usuarios que hai en Galicia con vehículos a gasóleo. 

A situación indigna os condutores enfadados xa pola constante escalada de prezos. Hai quen o asume con resignación. Outros con desesperación e retranca. Reclaman medidas para que a situación mellore, porque din, encher o depósito complica o día a día de moitos condutores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar