O dianteiro Fran Navarro, do Gil Vicente, preto de fichar polo Celta
Fran Navarro, de 24 anos, formouse no Valencia e leva dous anos no equipo portugués
Carlos Carvalhal: "De Fran Navarro, é a primeira vez escoito falar desta situación. É un bo xogador e un bo dianteiro, pero é a primeira vez que se fala deste nome"
Hai unha fichaxe a punto de anunciarse por parte do Celta. O dianteiro valenciano Fran Navarro.
Fran Navarro, de 24 anos , formouse no Valencia, na súa canteira, e leva dous anos no Gil Vicente da primeira división portuguesa. Na anterior campaña marcou dezaseis goles e na actual leva oito.
Non é a posición que tanto desexaba o Celta, un futbolista creativo. Trátase dun xogador de ataque que vai competir con Larsen e con Gonzalo Paciência. Descoñécese a cantidade que pagará o Celta. Fran Navarro asinaría por cinco temporadas.
Pola tarde, en rolda de prensa, Carlos Carvalhal, falou da posible incorporación do dianteiro:
"De Fran Navarro, é a primeira vez escoito falar desta situación. É un bo xogador e un bo dianteiro, pero é a primeira vez que se fala deste nome"