O Día dos Santos Inocentes pervive na rúa, pero sobre todo na memoria
A súa orixe remóntase a un tráxico episodio de hai 2.000 anos
As bromas fóronse adaptando ás novas tecnoloxías
28 de decembro, Día dos Santos Inocentes. A tradición pervive, aínda que semella que xa non é o que era. Na rúa custa atopar alguén que acabara de facer algunha inocentada, pero non custa atopar recordos das bromas algunha vez gastadas.
2.000 anos temos que retroceder para atopar a orixe deste Día dos Santos Inocentes. Temía Herodes que lle quitase o seu poder o futuro rei dos xudeus, acabado de nacer. Como non sabía onde bucar a Xesús, mandou a Belén un exército para asasinar todos menores de dous anos.
Na Idade Media a lembranza da data mesturouse co rito pagán da Festa dos Tolos, e ata hoxe, cando perviven as inocentadas. Pero é na memoria onde hoxe atopamos máis inocentadas.
Semella que estamos perdendo a tradición de rir e facer rir coas inocentadas coma a do boneco. Semella que este día vai perdendo debuxo.