Publicador de contidos

Publicador de contidos

O día 1 de marzo abre o prazo de solicitude de admisión escolar para o próximo curso

O día 1 de marzo abre o prazo de solicitude de admisión escolar para o próximo curso

O prazo de solicitude estará aberto durante tres semanas, ata o 21 de marzo

O día 25 de abril publicaranse as listas provisionais de admitidos e excluídos

G24.gal 24/02/2022 09:38

O prazo de solicitude de admisión escolar nos centros para o vindeiro curso 2022/23 comeza o 1 de marzo e estará aberto durante tres semanas, ata o 21 de marzo, segundo informou a consellería de Educación.

Deberá realizar esta solicitude todo o alumnado que ingresa por primeira vez no sistema educativo, maioritariamente en 4º curso de educación infantil, e tamén aqueles alumnos de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato que desexen cambiar de centro, sempre que existan prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitude, o día 25 de abril publicaranse as listas provisionais de admitidos e excluídos; as definitivas publicaranse antes do 15 de maio, e os prazos de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de  xullo para ESO e bacharelato.

A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática que permite aos pais cubriren a solicitude na aplicación, marcaren os criterios do baremo que, se é o caso, queiran que se lles valoren. Esta solicitude pode presentarse por vía telemática a través da propia aplicación ou tamén se pode imprimir e presentala presencialmente no centro escolar preferente.

Ademais, as familias poderán comprobar o estado da solicitude nas distintas fases do procedemento mediante o código que xera a solicitude ao completar o proceso, xunto co DNI do pai asinante.

Segundo se estableceu no sorteo público que tivo lugar onte mércores na Consellería de Educación, no caso de empate de puntos pola mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron V e U para o primeiro apelido e A e Z para o segundo.

Coma sempre, os baremos de puntuación serán os habituais: irmáns no centro, renda familiar, proximidade á vivenda familiar e proximidade ao traballo dos proxenitores, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade