O detido en Sanxenxo por un intento de homicidio pasa a noite nos calabozos
Está acusado de atropelar un mozo co coche e acurralalo contra un muro
Co susto aínda no corpo, a dona do bar Lamela conta o sucedido ás portas do seu establecemento, no lugar de Dorrón, na tardiña do sábado. Cando escoitou o estrondo nada lle facía pensar que case matan un cliente seu que acababa de saír do local.
O suposto agresor é un mozo, de 27 anos, que permanece detido nos calabozos municipal de Sanxenxo á espera de pasar a disposición xudicial en Cambados.
Está acusado de atropelar co seu coche de xeito intencionado outro mozo e acurralalo contra un muro. A vítima tivo que ser atendida no Hospital Montecelo de Pontevedra cun forte golpe na perna.
Tras os feitos, o condutor marchou para a casa, no lugar de Nantes. Alí arrestouno a Policía Local de Sanxenxo por intento de homicidio.