Cargando resultados...
O derradeiro artesán da cadeira de Galicia
Seis décadas mantendo vivo o oficio familiar
Luis Castro mantén vivo en Castroverde un oficio en perigo de extinción
G24.gal
24/08/2023 20:47
Última actualización 24/08/2023 21:30
Luis é o derradeiro artesán da cadeira de Galicia. Leva case seis décadas mantendo viva unha tradición familiar.
Este artesán de Castroverde elabora catro tipos de cadeiras. Todas con madeira de castiñeiro e cerdeira e cun proceso totalmente artesanal que mesmo sorprende aos clientes.
Este artesán di que o fai sobre todo por diversión, malia que lle leva moito tempo facer unha cadeira e que algunha xente non o valora.
Luis conseguiu espertar o interese doutra persoa por este oficio, así que pode que o derradeiro artesán da cadeira de Galicia teña sucesor.