O derbi de Pasarón e o Celta B-Alxeciras, pratos do domingo na primeira RFEF
Os enfrontamentos entre o Pontevedra e o Rácing son un clásico na Segunda B, 42 duelos con resultados moi igualados. Este derbi galego vai mobilizar centos de afeccionados. Dende Ferrol a federación de peñas confirma a presenza de máis seiscentos racinguistas, cifra en aumento, que se ubicarán no Fondo sur superior de Pasarón.
Chega este partido no mellor momento do Pontevedra. Os granates seguen en postos de descenso, pero en Ceuta conseguiron a primeira vitoria fóra. Acadaron 7 dos últimos 12 puntos, e en Pasarón continúan invictos.
Situación oposta a do Rácing, que acaba de caer dos postos de promoción porque leva 5 xornadas sen gañar, con só 2 puntos sumados.
Tamén vive o seu mellor momento o Celta B. Logo de enlazar dúas vitorias: a primeira na casa, seguida dun triunfo fóra.
Senten que xa a acadaron a harmonía.
Iker Losada marcou na gran remontada de San Fernando. O de Catoira é feliz co seu terceiro tanto, e porque goza do fútbol que practican.
E onde máis se divirten é en Balaídos, que volve estar á súa disposición para recibir o Alxeciras.