Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derbi Celta Fortuna-Lugo, partido estelar da xornada na Primeira RFEF

O derbi Celta Fortuna-Lugo, partido estelar da xornada na Primeira RFEF

O partido poderá verse en directo na G2 e en AGalega.gal o domingo ás 19:00 h

G24.gal 13/04/2024 12:42

A xornada dos galegos nesta categoría botará o pano o domingo, ás sete, co Celta de Fredi na procura doutra vitoria que os achegue á promoción de ascenso. Ollo ao seu poderío na casa. Nos últimos cinco partidos, gañou catro cunha media de tres goles por encontro.

Enfronte estará o Lugo que trata de acender o efecto Trashorras. De momento, en sete partidos, unha soa vitoria. Veñen de perder co Tarazona e de complicar a súa situación na táboa.

Na primeira volta, no Anxo Carro, gañou o filial. 0-1. Cun cacheirolo espectacular de Alfon.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade