O Deportivo volve tocar o seu teito clasificatorio desta campaña
O equipo de Gilsanz chega, por segunda vez, ao décimo posto da Segunda División con oito puntos de marxe sobre o descenso
Foi unha gran vitoria a do Deportivo no Carlos Tartiere. Houbo un ambiente de primeira nun partido entre dous históricos, o Deportivo adiantouse no marcador cun golazo de Mario Soriano. O partido estivo igualado é o Oviedo empatou con outro golazo desde a frontal de Ilyas Chaira. Cando semellaba que o partido remataría con repartición de puntos chegaría o gol da vitoria, marcado por Ximo Navarro.
O equipo coruñés é décimo na clasificación, o mellor posto de toda a temporada, igualando o acadado hai tres xornadas. O Deportivo segue a ter un rendemento excepcional cando xoga como visitante. É o terceiro mellor equipo da categoría lonxe do seu campo. Sumou 22 puntos, con seis vitorias, e marcou 23 goles, o segundo mellor rexistro da categoría. Iso quere dicir que o Dépor suma case o 60 % dos puntos que acadou esta campaña lonxe de Riazor.
Pola contra, si temos só en conta os partidos xogados na casa o Deportivo só asina mellores rexistros que o Cartaxena, o Tenerife, o Rácing e o Zaragoza. O equipo de Gilsanz volve ter oito puntos de marxe co descenso e semella que non vai ter problema para manter a categoría. Pola contra atópase a once puntos dos postos de play off de ascenso, unha distancia case insalvable con trece partidos por xogar.