O Deportivo volve perdoar e empata co Unionistas (1-1)
O Deportivo volve perdoar e empata co Unionistas (1-1)
Mario Losada marcou na primeira xogada do segundo tempo e logo empatou Valcarce
O cadro coruñés xogou vinte minutos en superioridade pero non logrou aproveitalo
Terceiro empate do Deportivo en catro xornadas. Igualou no campo do Unionistas (1-1) e viu como encaixaba o primeiro gol da temporada nun erro de Parreño que aproveitou Mario Losada.
Na primeira metade houbo moi pouco fútbol e menos ocasións. Un partido moi trabado e sen continuidade. Tampouco axudou a lesión do dianteiro deportivista Barbero que se tivo que retirar do campo aos 20 minutos. Losada tivo a mellor opción aos 34 minutos.
Foi o propio dianteiro, que pertencera ao Fabril, o que adiantou o equipo salmantino na primeira acción do segundo tempo. Idiákez meteu trocos, entraron Paris Adot e Valcarce e os dous xogadores foron os que argallaron a acción do empate nun remate do berciano.
O dominio do Deportivo era cada vez maior. No 74 foi expulsado Slavy e chegaron as mellores ocasións. O galego Cacharrón salvou un remate de Hugo Rama e nunha xogada posterior o Deportivo estrelouse contra o pau nunha xogada embarullada. O partido prolongouse ata o minuto 54 pero xa non se moveu o marcador.