Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo segue soltando os descartes e Petxa vaise cedido ao Andorra

O Deportivo segue soltando os descartes e Petxa vaise cedido ao Andorra

O lateral xa xogara no club do Principado entre 2022 e 2024

G24.gal 14/08/2025 10:04

O Deportivo continúa soltando os descartes. O último en confirmar a marcha é o lateral Alex Petxarromán. O vasco xogará cedido no Andorra a vindeira temporada, equipo que coñece ben pois xogou alí dúas temporadas antes de recalar no cadro deportivista. 

Petxa non contaba para Antonio Hidalgo que tiña cuberta a súa posición. O ano pasado xogou 27 partidos (17 como titular). Comezou contando para Idiakez pero acabou desaparecendo do equipo titular. Só as baixas dos últimos dous meses fixeron que volvera a estar no once de Gilsanz encadeando os 11 encontros cos que rematou a temporada. 

Outros xogadores como Genreau, Martín Ochoa ou Diego Gómez agardan atopar acomodo noutros equipos antes de que remate a xanela do mercado estival e o Dépor precisa marxe salarial para acometer as fichaxes de un ou dous dianteiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar