Cargando resultados...
O Deportivo quere consolidar o liderado no fortín de Abegondo
Chega a Abegondo un competidor directo: o Cacereño
Foto @RCDeportivo
G24.gal
19/01/2023 16:49
Última actualización 19/01/2023 16:59
Metade da Liga. O Deportivo é líder. Leva seis partidos perder. Pero quen chega a Abegondo é un competidor directo: o Cacereño, terceiro, que asoballou as coruñesas na primeira volta. 4-0 gañaron as estremeñas, no peor partido das de Ferreras na Liga. Agora, no seu mellor momento, estas non agochan a súa intención de lle devolver a moeda
Irene Ferreras: "Moita ilusión. Imos intentar manter o liderado varias xornadas"
O escenario é o idóneo: os números dan fe da solvencia das branquiazuis en Abegondo: invictas, seis vitorias, dous empates nos oito partidos xogados.