Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo quere aproveitar o seu bo momento de resultados contra o Granada

O Deportivo quere aproveitar o seu bo momento de resultados contra o Granada

Logo de dúas vitorias consecutivas, os coruñeses reciben mañá (21:00h) un Granada preto do descenso

G24.gal 07/03/2026 14:00

Catro vitorias nos cinco últimos partidos reengancharon o Deportivo a loita polo ascenso directo. O equipo mantense como o mellor visitante da categoría, pero agora está a facerse forte en Riazor onde gañou os dous últimos encontros. Hidalgo explica esa evolución.

O técnico viviu un episodio curioso o pasado domingo en San Sebastián cando a oito minutos do final con dous a un en contra os afeccionados lle pediron que marchase e o remate do partido, co dous a tres favorable, que quedara.

Neste escenario chega o Granada, situado a dous puntos do descenso logo de sufrir tres derrotas nos catro últimos partidos. Sen embargo, o seu técnico, Pacheta, non se conforma con puntuar.

O Deportivo, que non poderá contar con Yeremay por problemas no pube, busca repetir a vitoria dos Cármenes da primeira volta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade